Levantarse e caer. Edición coleccionista

30,00 IVA INCLUÍDO

A bolsa inclúe: disco + caixa de música cun dos arrolos do disco.

Hai un lugar chamado infancia, nese lugar recibimos os impactos máis radicais da nosa existencia, os que perduran no tempo, os que renacen cando xa nin lembrabamos que tiñan acontecido, o amor, a inxustiza, a amistade, o medo, o respecto, a envexa… uns mancan e outros son curativos.

Buscar o lugar onde estaban agochados pode ser de gran axuda, logo toca recolocar de novo, resiliencia… aprender a perder e a gañar sen importar o lugar, relativizar o éxito e o fracaso, caer e levantarse…levantarse e caer.

Levantarse e caer é un breve tratado sonoro sobre todo iso… algúns arrolos, algunha canción para reivindicarnos, outras para curarnos…

Hai existencias

  

Lista de cancións

  1. Levantarse e caer
  2. Luchín
  3. Infancia querida
  4. María e a curuxa
  5. O melro azul
  6. Festa do bosque
  7. Cançao de ninar
  8. Regalitos
  9. O meu neno
  10. Nana do sol
Categoría:
Updating…